23 xuño, 2017

Banda deseñada. A entrega de premios

A seguir unha mostra gráfica da entrega a Sofía Gil Madriñán do seu premio no V Certame de Banda deseñada "Arcebispo Xelmírez", así como do seu labor como debuxante.




20 xuño, 2017

Banda deseñada do IES Aller Ulloa

 Alumnado de ESO e Bacharelato vén de participar no V Certame de Banda Deseñada "Arcebispo Xelmírez", convocado polo IES "Arcebispo Xelmírez" de Santiago e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, para o fomento da creatividade en galego a través da banda deseñada.

Parabéns para a alumna Sofía Gil Madriñán, de 2º de ESO, quen acadou o 2º premio do V Certame AX1-2017 na categoría de 12 a 16 anos, pola súa obra “Café con xeo”; así como ao alumnado participante, baixo a coordinación do departamento de Artes Plásticas.


A seguir o resultado do traballo realizado:

25 maio, 2017

IV Concurso literario Mª Vitoria Taboda. Entrega de premios

Un ano máis celebramos o acto de entrega dos premios literarios Mª Vitoria Taboada, xa no seu cuarto ano.

De novo a música do noso alumnado e profesorado foi un dos compoñentes fortes do acto.

A seguir unhas fotos do mesmo, coa imaxe de tres das persoas gañadorss e do acto, xentiliza do noso compañeiro Carlos Míguez, mentres ultimamos a edición da gravación do acto e demais fotos do evento.





24 maio, 2017

Carlos Casares

O centro quíxose sumar ao ano Carlos Casares, e con el ao Día das Letras Galegas, cunha exposición de libros do noso catálogo da Biblioteca sobre a súa figura e obra. 



Acompañamos dita actividade cunha exposición de carteis achegados pola Direción Xeral de Política Lingüística.