17 outubro, 2007

Erín Moure: unha recomendación

A canadense Erín Moure, unha das máis importantes poetas en lingua inglesa no Canadá, presentou o 16 de outubro en Santiago o seu último poemario: Teatriños ou Aturuxos calados. O libro, escrito na parroquia lalinense de Botos, inclúe a versión en inglés, lingua orixinal da maior parte dos poemas, e en galego, idioma no que escribiu directamente seis deles.

Ainda que nacida en Calgary no 1955, Erín defínese como galega, irlandesa, ucraína e polonesa, unhas raíces verdadeiramente canadenses, en palabras súas: un cruzamento de emigracións, de historias cheas de tristuras, dificultades e valor

O seu bisavó paterno, Juan Benito Moure e Lobariñas naceu en Crecente (1848); tivo tres fillos: un deles foi o avó de Erín, Juan Benito Moure.
No ano 1994 chegou a Galicia co seu pai buscando a aldea do seu avó. Relata que eles non sabían que eran galegos e que ao escoitar galego por primeira vez sorprendeuse e aledouse; nunha viaxe a Vigo no 1998 mercou libros para aprender o idioma, no 2001 regresou a Santiago como alumna dun curso de verao para estranxeiros, desde entón non parou de volver e volver a Galicia.
Escribe poesía e traduce poesía do galego, do portugués (Fernando Pessoa), do francés (Nicole Brossard, Christophe Tarkos, Steve Savage entre outros), e castelán de Chile (Andrés Ajens). Fala inglés, francés e galego e pode ler en castelán e en portugués...

Tamén lle gusta cociñar e rir. Ten bicicleta, esquís, patíns, zapatos, pantuflas, botas de goma, calcetíns, billetes de avión, pero non ten coche.

Para que vaias facendo boca, aquí tes un estracto da presentación pública que Chus Pato fixo do libro e dous poemas de Erín sobre as cebolas.

Ningún comentario: