16 marzo, 2009

Podes empezar dúas veces a túa vida, pero non podes empezar dúas veces unha biblioteca




A música como bálsamo, os libros que se rouban (eu teño un que alguén roubou nun cuartel), o libro que se volve ler (como me gusta redescubrilos!), a biblioteca que desaparece (a min ardéronme dúas: a miña e a do instituto), a importancia das pequenas cousas e as cousas pequenas... Cantas suxestións neste parágrafo de Goran Bregovic, que non me resisto a reproducir (podes ler aquí a entrevista enteira):


Ao chegar ao hotel déronme un sobre que me deixaran de parte de Sábato. Contiña un libro, Sobre héroes y tumbas, e unha carta na que me pedía desculpas por non acudir ao concerto. Explicábame que a miña música o salvara en momentos de depresión. O curioso é que cando fixen o servizo militar en Nis, na época comunista, roubei da biblioteca do cuartel un exemplar dese libro. Tíveno na casa de Sarajevo durante anos e perdino. Coa guerra perdino todo, tamén a miña biblioteca. Podes empezar dúas veces a túa vida, pero non podes empezar dúas veces unha biblioteca. Todas as cousas grandes que me pasaron están guiadas por cousas pequenas que se volven grandes, como o libro de Sábato.”

1 comentario:

Unknown dixo...

Lémbrome ben desa biblioteca???