26 outubro, 2009

Encontro con Anxo Fariña: xoves, 29 de outubro, ás 11'30 da mañá.

O escritor e ilustre ilustrador Anxo Fariña estará este xoves no salón de actos do Instituto para falar, sobre todo, cos rapaces de 1º da ESO da súa obra Os Megatoxos, aínda que tamén terá tempo para facer algún que outro debuxo.

Se andades cerca, estades invitados.

16 outubro, 2009

Encontro con Séchu Sende: 19 de novembro, xoves, ás 8 da tarde


Quedounos pendente do ano pasado.

No club de lectura LeAcasa, lemos Made in Galiza. Como non fomos os únicos que tivemos a idea, o bo de Séchu non daba feito e non puido xuntarse connosco o curso anterior. Emprazámolo para o inicio deste e aquí o temos.

Se vos apetece botarlle unha visual á guía de (suxestións de) lectura que preparou a Marela, aquí a tedes.

Tamén podedes descargar algunha anterior (Casas Baratas, de Riveiro Coelho).

Tamén podedes descargar o libro dEfecto 2000: Antoloxía de poetas dos 90, o libro representativo da xeración poética á que pertence (?) Séchu.