27 abril, 2010

Literatura de cordel: Lalín éche o demo

Non é raro que, ao encerellármonos nun tema, atopemos algún documento de moito interese. A satisfacción, neses casos, é grande porque pensamos que, desde a Biblioteca Escolar, sempre podemos colaborar na recuperación de documentos relacionados co noso contorno inmediato.

Esta vez tocoulle a un “cantar de cego” de sete estalos. Aínda que xa fora interpretado antes por Paío e Willy, editouse en 1988, dun xeito moi limitado.

Os “títulos de crédito” de Lalín éche o demo  son de luxo:
Texto: Luz Méndez
Debuxos:  Damián Payo, Paío
Prólogo: Xosé Payo
Capa: Laxeiro
Contracapa: Aymerich

Iso por non mencionar aos “figurantes” que aparecen en varias escenas. Uns son recoñecibles en clave lalinense, outros en clave algo máis ampla: parádevos na páxina 8, por exemplo, e poderedes ver a Cuíña e Rajoy cando “camiñaban xuntos”.
Podes descargar Lalín éche o demo en PDF 

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Este romance de cego inicialmente foi feito por Luz Méndez para o espectáculo de Viravolta "Historias con Demo".

A Marela dixo...

Graciñas, "anónimo". Velaí un dato que nos faltaba e que debemos incorporar. Ben que nos vén!

Anónimo dixo...

Anónimo era Julio (Balado), esqueceu asinar.