27 xaneiro, 2014

Comezou o Toc-toc-A Ciencia


Vaia, comezou e xa rematou a primeira actividade (imos na segunda). Este non é un blogue de actualidade, pero debemos admitir que algunhas novas van algo resesas de máis. Disimulade.


Comezamos á volta das vacacións e a primeira actividade foi unha exposición sobre o CERN e o LHC

Para iso, empregamos os recursos que ofrece o propio CERN nas súas páxinas de educación.

Imprimimos os pósters no maior tamaño que se nos axustaba ao orzamento (un par de euros por póster, 59,4 x 84), pedimos colaboración do alumnado de 2º BAC B para as traducións...



...elaboramos un tríptico cuestionario, con algunhas recomendacións ...

... tamén un pequeno video que se proxectou na bufarra da Marela, unha selección vídeo-bibliográfica con fondos da biblioteca...
..e mesmo unha impresión "xigante" de Alice y la sopa de quarks y gluones, para que puidese ser lido no noso "super-atril":

 
Máis detalles podédelos consultar no Toc-Toc-A Ciencia, no que iremos incorporando algún material empregado e/ou producido máis.

21 xaneiro, 2014

Teresa Calçada vaise para seguir

Foto do xornal Público.
Cualifícana como "mãe da Rede de Bibliotecas Escolares", esa fonte na que tanto bebemos tantos.

Leva á fronte da Rede desde 1997 e agora pide a xubilación. Ten a idea de ir conta, contando polas escolas coa asociación  Voluntarios de leitura.


O Público publicou esta entrevista o domingo pasado:“As dificuldades justificam uma política pública de leitura, nas escolas e fora delas”.

Seguro que non será difícil recoñecer, nas súas respostas, unha chea de cousas de noso.

20 xaneiro, 2014

VII Olimpíada do Saber


O próximo venres remata o prazo de inscrición para a VII Olimpíada do Saber.

Non vos despistedes!

-