26 abril, 2017

Javier Hita: Obra recente

O IES Ramón Mª Aller Ulloa ten o pracer de convidar a toda a comunidade educativa e público en xeral a desfrutar da exposición Obra recente de Javier Hita, unha escolma de obras destes últimos cinco anos, en distintos formatos, materiais e estilos.

Javier Hita xa pasou polo noso instituto na época de bacharel, formándose posteriormente na  Facultade de Belas Artes de Granada e na Escola de Canteiros de Poio.
Actualmente traballa como canteiro escultor en Galicia, dedicándose principalmente ás obras de rehabilitación do patrimonio e á talla en pedra. Asemade é presidente do Cineclub Dzine de Lalín, desenvolvendo paralelamente unha actividade artística multidisciplinar que inclúe o debuxo, a pintura, a escultura e as artes audiovisuais. Neste eido, o seu traballo leva consigo unha proposta crítica coa chamada posmodernidade aproximándose a unha interpretación marxista das artes.
  A seguir unha pequena mostra fotográfica da exposición:









Ningún comentario: