22 febreiro, 2018

Encontro con Iria Misa

O vindeiro luns, 26 de febreiro, terá lugar na Biblioteca do centro un Encontro literario do alumnado de 2º de ESO con Iria Misa, arredor da súa premiada novela "Xa non estou aquí".
A seguir dúas instantáneas do encontro:


21 febreiro, 2018

Día da lingua materna (III)

[Bolbolingua, lingüereta]



de Eneko en Sancho en su isla, 20 minutos.

Día da lingua materna (II)

[Lingua de adopción]


de El Roto en El País.

Día da lingua materna (I)

Trilingües.


de Andrés Palomino en Las crónicas PSN.

Nas aulas de Hipatia

Teón de Alexandría (Sandra Blanco) presentounos, na entrada do instituto, a súa filla Hipatia (Rosa Núñez), considerada como a primeira muller astrónoma e matemática da historia.


Un día calquera de principios do século V, Hipatia imparte clase aos seus discípulos. Sinesio de Cirene (Alba Otero), Orestes (Semahel Polo) e Hesiquio de Alexandría (Hugo Pérez), ademais de se volveren sorprender coas explicacións astronómicas, tiveron o privilexio de ser os primeiros da historia en veren un  densímetro, invención da súa mestra.




Están marabillados e felices, así que, ao rematar a clase, celébrano bailando o Epitafio de Seikilos.


20 febreiro, 2018

R. 23.500

http://tenda.axouxerestream.com/index.php?route=product/product&product_id=95

"Emilio Araúxo é un escritor contraditorio. Secreto e prolífico, discreto e admirado, laborioso e dotado de paciencia rural, vangardista e apegado ao testemuño dunha destrución, os seus libros documentan como se extingue unha civilización: a do campesiñado europeo. No seu último libro, Mal mor (Axóuxere, 2018), emprega Samuel Beckett para se concentrar “na relación dunha anciá do rual co seu vivir cotián”. Daniel Salgado en Sermos Galiza (6/2/2018).

18 febreiro, 2018

Con Margarita Salas, Josefa Yzuel e María Blasco


Malia non poderen vir de "corpo enteiro", grazas a Fran Otero e a xente de BAC Artes, puidemos contar con tres das  científicas máis relevantes de España. Ben se poden ver no noso laboratorio en miniatura. Son a bioquímica Margarita Salas (Canero-Asturias, 1938), a óptica Josefa Yzuel (Jaca, 1940) e a bióloga e directora do CNIO, María Blasco (Alacant, 1965).




No super atril, máis información sobre elas:



Ao pé, unha pequena selección de libros, películas e documentais arredor da muller e a ciencia.


Cerca, unha "photo call" para que calquera se puidese sentir "muller científica". Unha vez máis, obra de Fran e os seus.

 
2º de ESO case sempre mostra grande interese en resolver os cuestionarios que preparamos. Aquí, ás voltas co de Astrónomas que fixeron historia.








16 febreiro, 2018

Con María, Isabel, Montse e a expedición Malaspina 2010


O mércores 7 de febreiro tivemos a sorte de contar con tres científicas do Instituto Oceanográfico de Vigo. Amosáronnos o labor do IEO no estudo do medio mariño e compartiron connosco diversas anécdotas dos seus inicios no mundo da investigación. O certo é que conseguiron espertar as inquedanzas da audiencia, pois foron varias as voces que formularon interesantes preguntas.

 





Para acompañarmos a  presenza de Isabel Riveiro, María Saínza e Montse Pérez, argallamos unha pequena exposición co material que nos ofrecen o CSIC e o Instituto español de oceanografíaLa expedición Malaspina 2010 y las ciencias marinas en España.


No tríptico que elaboramos para a ocasión, atoparades un cuestionario de seguimento e algunhas referencias (web, fílmicas, libros...) sobre o tema.





11 febreiro, 2018

Cine para o 11F : Figuras ocultas

Entre as recomendacións fílmicas que fixemos para este 11F, inclúese Figuras ocultas, baseada na novela de Margot Lee Shetterly, que está nos paquetes de varias plataformas televisivas (tamén na biblioteca).

A película de Theodore Melfi, sitúase nos EUA dos anos 60 e céntrase en tres figuras que comparten un triplo estigma: son mulleres, son negras e son científicas.

O seu encontro prodúcese na NASA (propiamente, na NACA), no momento en que se desenvolve o programa que levará a John Glenn a orbitar arredor da terra.

O filme dános interesantes pinceladas sobre a sítuación política, social e científico-técnica da época, pero -sobre todo- atráenos cara as figuras de Katherine Johnson, Dorothy Vaughan y Mary Jackson.


Paga a pana que vos documentedes algo máis sobre elas.

Katherine Johnson

"Esta es la historia de una niña afroamericana que lo contaba todo; los pasos que necesitaba para cruzar la calle, los pasos que había hasta la iglesia, el número de platos que limpiaba, las estrellas que veía… todo lo que podía ser contado..."  [le máis en mujeres con ciencia.com]

Dorothy Vaughan

"En 1949 se hizo cargo de la dirección de la West Area Computers, un equipo de trabajo compuesto exclusivamente por mujeres afroamericanas con formación matemática..." [le máis en mujeres con ciencia.com]

Mary Jackson

"Autora o coautora de doce artículos técnicos para la NACA y NASA, ayudó a mujeres y otras minorías a ascender en sus carreras, asesorándolas sobre la manera de mejorar sus oportunidades de promoción..."  [le máis en mujeres con ciencia.com]


10 febreiro, 2018

II Concurso de Carautas Entroido-2018

Por votación popular, as gañadoras do II Concurso de Carautas foron:
Noelia González Jacobo de 4º ESO B, co 40% dos votos.
Suevia García García de 3º ESO B, co 32% dos votos.
Karla Sofía Balcázar González de 1º ESO A, co 18% dos votos. Premio de honra á carauta máis votada entre o alumnado de 1º de ESO.
Os nosos parabéns para as gañadoras e para todo o alumnado participante.
A seguir unha pequena mostra gráfica das gañadoras e das carautas preseleccionadas, onde se pode observar o moito valemento artístico das mesmas.







06 febreiro, 2018

Encontro co regueifeiro Josiño da Teixeira

Actividade organizada pola Asociación ORAL a través do Concello de Lalín a fin de ir introducindo no mundo da regueifa o alumnado participante (neste caso de 3º de ESO), falándolle da súa historia, da súa importancia como patrimonio cultural intanxible galego, da transmisión oral... e regueifando.
É de interese a web regueifa.org, a páxina da Asociación ORAL.

01 febreiro, 2018

Encontro con Isabel Riveiro e María Saínza.

No marco das actividades do Día internacional da muller e a nena na ciencia, teremos un encontro con Isabel Riveiro e María Saínza, biólogas do Centro oceanográfico de Vigo

Será o mércores, 7 de febreiro, ás 11.30, na biblioteca.